ROSALÍA, 180 ANOS


Hoxe, 24 de febreiro de 2017, Rosalía de Castro cumpre 180 anos.
Parabéns, dona Rosalía.
Este e o seu derradeiro poema que me ten namorada. Pertence a "Follas novas".

Cada noite eu chorando pensaba……
Que esta noite tan grande non fora,
Que durase……e durase antre tanto
Que a noite das penas
Me envolve loitosa.


Mais a luz insolente do día,
Constante e traidora,
Cada amañecida
Penetraba radiante de groria
Hastra o leito donde eu me tendera
Coas miñas congoxas.


Desde estonces busquei as tiniebras
Mais negras e fondas,
E busqueinas en vano, que sempre
Tras da noite topaba ca aurora……
So en min mesma buscando no oscuro
I entrando na sombra,
Vin a noite que nunca se acaba
Na miña alma soia.




Comentarios

Entradas populares de este blog

HALLOBLOGWEEN 2017. BIENVENIDOS.

HALLOBLOGWEEN 2017: LO QUE NO SE VE

HOMENAJE A JANE AUSTEN EN EL VI CONGRESO LITERATURA ROMÁNTICA DE A CORUÑA (I)